Empresa
Un equipo especializado baixo unha filosofía de traballo baseada no respeto da natureza
Respecto polos procesos naturais
Entender como funciona á natureza para traballar da súa man
Equipo multidisciplinar
A agricultura, o medio ambiente e o paisaxismo traballan xuntos para obter os mellores resultados
Proxectos á medida
Adaptándose ó entorno e as necesidades únicas de cada deseño
Xestión integral
Dende a creación ata o mantementeo
Simbiose nace para dar resposta á necesiadde de crear espazos diversos, onde a recuperación do entorno natural, a producción de alimentos e o lecer se enrelacen e colaboren.
A natureza danos todas as ferramentas, nos adaptámolas o teu proxecto
A natureza danos todas as ferramentas, nos adaptámolas o teu proxecto
Equipo humano
Alejandra González Fernández.
Enxeñeira técnica agrícola con formación en técnicas de agricultura ecolóxica, microbioloxía, cromatografía de solos, deseño e diagnóstico agroecolóxico e liña clave. Ten unha ampla experiencia na docencia e na organización de eventos formativos. Especializada en deseño de paisaxes orgánicas.
Javier Gacías Pedróns
Estudou Ciencias Ambientais e ten formación como mestre composteiro así como en agricultura ecolóxica, rexeneración de terras con microorganismos, deseño e diagnóstico agroecolóxico e deseño de liñas clave.
Leva máis de 12 anos poñendo en práctica técnicas de agricultura ecolóxica e agroforestais. Ten experiencia na organización e impartición de cursos teóricos e prácticos sobre agricultura ecolóxica. Especializado no deseño de sistemas de produción de biodiversidade.
Joseba Uribarri Solán
Enxeñeiro técnico agrícola e Máster en Tecnoloxía Ambiental así como formación en agricultura ecolóxica e rexeneración de solos. Conta cunha ampla experiencia no sector privado en diferentes cooperativas agrarias e en viveiros de plantas ornamentais, adaptando os coñecementos adquiridos a un modelo produtivo e paisaxístico máis natural e acorde aos tempos actuais.
Contáctanos