BODEGA EIDO DA FONTE
Deseño e execución xardín sala de catas
- Valeixe, A Cañiza
Eido da Fonte é unha bodega que se quere abrir ó visitante mediante as catas e as visitas guiadas. Conte este obxectivo creamos un xardín que enmarcase a bodega e ofrecera espazos de gran valor engadido para o desfrute dun bo viño. Os romemos rastreros cobran protagonismo neste proxecto, aportandolle frescor á fachada principal e servindo de tarxeta de visita.
A cor apórtana as floracións de diversas especies de vivaces e outros exemplares que fan que o xardín cambie ó longo do ano.
Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio?
Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.