Casa da Xuventude

Un xardín interior para transmitir frescura e relaxación

O xardín interior da nova “Casa da Xuventude” quere aportar a este espazo público sensación de frescura, natureza e relaxación. Eleximos especies que toleren ben o pouco tempo de sol directo, que non precisen de moita profundidade de solo e que non teñan altas necesidades de mantemento. 

Combinamos plantas de porte baixo como as Heucheras e os Phlebodium coa frondosidade dos fentos arbóreos e a verticalidade do bambú permitindo así a entrada de luz natural ó espazo.
Por outra banda creamos discuntinuidades no xardín, xogando co emprego da grava que cumpre ademais da función estética a de drenaxe da auga en caso de choiva copiosa.

Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio?
Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.