ENTORNO NATURAL EIDO DO REI
Deseño e execución do proxecto de paisaxismo
- Cumiar, Ponteareas
Esta casa rural naceu como un proxecto persoal dos promotores ó mercar unha propiedade na parroquia de Cumiar, Ponteareas. Trátase dunha antiga casa de labranza que transformaron nunha casa rural con catro habitacións, unha sala común, patio interior e amplo espazo ó aire libre.
Cada unha das habitación debe o seu nome a personalidades da cultura galega. Estas habitación terán o seu reflexo no exterior cun xardín privado que recibe o nome da obra de cada autor.
Sendo así podemos atopar as seguintes habitacións co seu correspondente xardín:
– Habitación Rogelio Groba- Xardín Cantata
– Habitación Rosalía de Castro- Xardín Follas Novas
– Habitación Reveriano Soutullo- Xardín Pasodoble de Ponteareas
– Habitación Concepción Arenal- Xardín Progreso
O frontal da casa conta cunha escalinata e un gran talude, que está prácticamenta ensombrecido, polos freixos e os castiñeiros. A nosa intervención limitouse a enmarcar a escalinata cun espeso de hortensias de diferentes variedades, tan ligadas a paisaxe galega.
O resto da parcela divídese en zona de viña, froiteiras, pórtico de freixos e castiñeiros e zona de aparcadoiro.
O patio interior é o epicentro da vida da casa rural, polo que debe estar sempre bonito. En primeiro lugar atopamos as tres xardineras da galería das habitacións, unha representación da rexeneración da natureza galega.
Na primeira xardineira temos crasas tapizantes representando os musgos dos montes galegos, medrando xunto a carrizas ornamentais. Na segunda xardineira xa aparecen arbustos floridos como a azalea e o viburnum. Por último, a terceira xardineira conta ademáis de todo o anterior, dunha especie árborea media, comoé a camelia, ambas moi características dos xardíns e hortas galegas.
Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio?
Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.