Praza Rosalía de Castro
Unha homenaxe á obra literaria da autora e ó seu amor pola paisaxe e flora galegas
- Concello de Gondomar, Pontevedra.
A praza obxecto do deseño está adicada á figura de Rosalía de Castro.
A elección das especies intenta facer unha homenaxe á obra literaria da autora e ó seu amor pola paisaxe e a flora galegas.
Para elaborar esta selección consultamos o “Herbario de Rosalía” da USC. Entre as especies descritas destaca a dignidade coa que fala das árbores froiteiras, das flores silvestres e de árbores do monte galego como o carballo, o bidueiro ou a faia. Nesta ocasión adaptamos esa selección as características do entorno urbano. É o caso por exemplo das froiteiras, elixindo as mais ornamentais como a pereira ou a cerdeira de flor, e optando por variedades de crecemento vertical no caso do carballo para non entorpecer a visión dos veciños.
Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio?
Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.