Restaurante Culler de Pau
Deseño das novas hortas, xardíns e bosque comestible.
- O Grove, Pontevedra
O restaurante Culler de Pau de O Grove ampliou no ano 2021 o seu espazo exterior, dándolle protagonismo á producción de froitas e verduras. O obxectivo non era tanto auto abastecerse como poñer en valor as variedades esquecidas, as herbas silvestres e as plantas comestibles, promovendo sempre a biodiversidade e a sostibilidade.
Para logralo deseñamos as novas hortas, xardíns e bosque comestible, sumando máis de 200 variedades de flores, herbas, bulbos, arbustos e froiteiras. Seguimos traballando para ofrecer novos recursos naturais e ampliar diversidade comestible.
Este traballo realizado en colaboración con Prieto Patiño Arquitectos, recibiu o Premio Gran de Area de aportación á arquitectura 2022 e o Premio de Arquitectura e Rehabilitación da Xunta de Galicia 2023 con especial mención a sustentabilidade.
Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio?
Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.