Xardín en Borreiros

Baixo mantemento, rocalla, céspede e vivaces de floración prolongada

O obxectivo deste proxecto era crear unha ampla zona de cespede e unha rocalla de estilo naturalista na zona posterior da casa para lograr a sensación de estar rodeados de natureza.

Este tipo de xardín caracterízase polo emprego de plantas vivaces de floración moi prolongada e gramíneas que aportan textura, movemento e luz dando ese aire silvestre buscado. Engadimos ademáis unha selección de planta arbustiva perenne que estructura e sostén o xardín durante o inverno. Trátase de xardíns de baixo mantemento, moi resistentes a plagas, con baixos requerimentos hídricos e cun crecemento explosivo que fai que o xardín acade moi rápido a imaxe deseñada.

Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio?
Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.