Proxectos de agroforestería

Traballar da man da natureza

Potenciamos os recursos existentes

O deseño e execución dun proxecto agrario comprende unha serie de etapas que deben desenvolverse de forma integral e holística, traballando sempre da man do medio onde se sitúan.

Seguindo as ferramentas de deseño agroecolóxico, definimos os puntos fortes e débiles do proxecto, para a optimización e eficiencia dos recursos dispoñibles. O solo é o principal recurso do que dispón calquera proxecto agrario, por iso unha das bases do noso traballo é a dinamización e protección do solo fronte aos axentes erosivos e contaminantes. Colleitamos auga e terra para obter o maior rendemento e eficiencia do proxecto.

A materia orgánica, a microbioloxía e os minerais, así como a súa relación entre eles, constitúen as bases dun solo san. Segundo a teoría da trofobiose, unha enfermidade ou praga é a visibilidade dun desequilibrio nutricional, polo que se temos un solo san, teremos unha colleita san.

“Os insectos non son o inimigo, son mensaxeiros que viñeron a dicirnos que o que facemos está mal” – Jairo Restrepo –

Xunto ao equipo de arquitectura Prieto Patiño, fomos galardoados con premio Gran de Area polo proxecto de horta e invernadoiro do restaurante Culler de Pau, dirixido en O Grove polo cociñeiro Javier Olleros, e que conta con dúas estrelas Michelin.

A biodiversidade e a resiliencia dos cultivos implantados son outra das bases do traballo que desenvolvemos. Un cultivo produtivo debe ir acompañado dun medio biodiverso, mediante a cobertura vexetal, especies polinizadoras, cultivos alternativos, etc. co fin de desenvolver a capacidade de atenuación fronte ás condicións meteorolóxicas adversas, pragas ou enfermidades, así como aumentar a calidade da produción.

En Simbiose realizamos, entre outras, as seguintes xestións:

AGROFORESTERÍA
Deseño e execución de proxectos agrícolas e forestais
ASESORAMENTO E XESTIÓN

A axuda que precisas para o teu proxecto

Contáctanos

Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio? Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.

Proxectos de agroforestería, paisaxismo
educación ambiental e permacultura.