Proxectos de paisaxismo

Unha combinación de ciencia e arte

Admiradores da natureza

Cando plantexamos un proxecto de paisaxismo, xa sexan xardíns ou grandes superficies, temos en conta que terreos temos, como é o clima local, que drenaxe se precisa, que tipo de plantas están adaptadas, os ventos dominantes, o medio que nos rodea, a orientación xeográfica, a existencia ou non de pantallas vexetais, os cambios estacionais, etc. Todos estes factores están estreitamente relacionados entre si.

Na mente do paisaxista predomina un obxectivo esencial: Actuar segundo as leis naturais. O paisaxista é un admirador da Natureza. A súa misión é poñer en mans da natureza as condicións necesarias para que se desenvolva, simplemente facilitamos o camiño…

Xunto ao equipo de arquitectura Prieto Patiño, fomos galardoados con premio Gran de Area polo proxecto de horta e invernadoiro do restaurante Culler de Pau, dirixido en O Grove polo cociñeiro Javier Olleros, e que conta con dúas estrelas Michelin.

A vexetación regula o microclima e evita a erosión.

Se sabemos elixir a vexetación adecuada, podemos axustar o noso microclima, estabilizar a temperatura ambiental, variar as condicións de humidade, incorporar osíxeno, absorber o po, reducir a contaminación, protexernos dos fortes ventos e illarnos tanto acústica como visualmente.

A vexetación dános cheiros e vistas agradables, controla pragas e enfermidades, estabiliza as pendentes e restaura o solo. Debemos avaliar a súa forma e patrón de crecemento. Con ela podemos impulsar, enfatizar, enmarcar e delimitar o noso proxecto.

A fisionomía do lugar provoca emocións en nós. A beleza impacta en nós e dános serenidade e a sensación de estar integrados na natureza, uníndonos con ela no seu conxunto e formando unha simbiose única.

AGROFORESTERÍA
Deseño e execución de proxectos agrícolas e forestais
ASESORAMENTO E XESTIÓN

A axuda que precisas para o teu proxecto

Contáctanos

Queres levar a cabo un proxecto de paisaxismo para a túa casa ou negocio? Contacte connosco e visitaremolo para facer un orzamento sen compromiso.

Proxectos de paisaxismo, agroforestería,
educación ambiental e permacultura.